Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Smells Like Teen Spirit

"Smells Like Teen Spirit"
sinxelo de Nirvana
do álbum Nevermind
Lanzamento 10 de setembro de 1991
Formato {{{formato}}}
Gravada Maio de 1991 en Sound City Studios, Van Nuys, California
Xénero musical Grunge
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 5:01 (álbum) / 4:36 (sinxelo)
Discográfica DGC Records
Produtor(es) Butch Vig
Escritor(es) Kurt Cobain, Dave Grohl, Krist Novoselic
Cronoloxía
""Here She Comes Now/Venus in Furs"" "Smells Like Teen Spirit" ""Come as You Are""
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Smells Like Teen Spirit" é unha canción do grupo de grunge estadounidense Nirvana. É o primeiro tema e sinxelo principal do segundo álbum do grupo, Nevermind (1991), publicado baixo o selo DGC Records. Escrita por Kurt Cobain, Krist Novoselic e Dave Grohl (letras de Cobain, música de Nirvana) e producida por Butch Vig, a canción emprega unha forma de coro-verso onde os principais catro riffs do coro úsanse tanto na introdución coma no coro para crear unha dinámica que alterna entre os ritmos altos e baixos. Segundo o propio Cobain, o son desta canción foi modelado inspirándose no son do grupo Pixies.

O inesperado éxito da canción a finais de 1991 impulsou a Nevermind a chegar as primeiras posicións das listas de vendas a comezos de 1992, evento que adoita citarse como o punto no que o rock alternativo entrou no mainstream.[1] Este tema foi o maior éxito de Nirvana, acadando o número seis na lista Billboard Hot 100 e acadando as primeiras posicións nas listas da industria musical de todo o mundo nos anos 1991 e 1992.

"Smells Like Teen Spirit" recibiu abundantes críticas positivas, ademais de gañar dous premios da MTV polo seu vídeo musical, que se emitiu de forma estensiva nas cadeas musicais. A canción chegou a recibir o cualificativo de "himno para os mozos apáticos" da Xeración X,[2][3] pero o grupo sentiuse incómodo polo éxito e a atención que recibiu o tema. Nos anos posteriores á morte de Cobain o público xeral e a crítica continuou louvando o tema como unha das mellores cancións de tódolos tempos.

  1. Erlewine, Stephen Thomas. "Nirvana – Biography". Allmusic. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  2. "Winners of 1991". Time. 6 de xaneiro de 1992. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 15 de abril de 2007. 
  3. "Smells Like Teen Spirit". Sold On Song Top 100. BBC. Consultado o 29 de outubro 2006. 

Previous Page Next Page