Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Software

Diagrama que amosa como o usuario interactúa coas aplicacións informáticas nun ordenador persoal típico. A capa da aplicación informática relaciónase co sistema operativo, que á súa vez comunícase co hardware. As frechas indican o fluxo de información.

En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática.

Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.

O software de ordenador (ou sinxelamente, software) refírese a un ou máis programas de ordenador e os datos almacenados para algún propósito concreto. O software permite o funcionamento programado previamente codificado, xa sexa dando instrucións de xeito directo, a través de instrucións ao hardware (a parte física), ou servindo como entrada a outro programa. O software de tratamento de datos existe só para o seu uso eventual por outro software de programa.

O termo software foi usado por primeira vez neste senso por John W. Tukey en 1957; de xeito coloquial, o termo utilízase frecuentemente para designar aplicacións, utilidades, o sistema operativo etc.. En informática e enxeñaría de software, software é toda a información procesada polo sistema informático, programas e datos.


Previous Page Next Page






Sagteware AF Software ALS Software AN برمجية Arabic صوفتوير ARY سوفتوير ARZ Programa d'ordenador AST Proqram təminatı AZ یازیلیم AZB Программа менән тәьмин итеү BA

Responsive image

Responsive image