Studio Ghibli, Inc. 株式会社スタジオジブリ | |
---|---|
Tipo | Kabushiki gaisha |
Fundación | 15 de xuño de 1985 |
Localización | Koganei, Toquio Xapón |
Fundador | Hayao Miyazaki Isao Takahata Toshio Suzuki Yasuyoshi Tokuma |
Persoas clave | Koji Hoshino (director executivo, presidente) Hayao Miyazaki (director) Toshio Suzuki (director executivo) |
Industria | Produción cinematográfica Videoxogos Anuncios de televisión |
Produtos | Cine de animación, telefilmes e anuncios |
Beneficio | ¥15.77 billóns (2011) |
Beneficio neto | ¥1.426 billóns (2011) |
Número de empregados | 300 |
Na rede | |
http://www.ghibli.jp/ e https://www.ghibli.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Studio Ghibli, Inc. (株式会社スタジオジブリ Kabushiki-gaisha Sutajio Jiburi?) é un estudio de cinema de animación xaponés con sede en Koganei (Toquio),[1] coñecido polos seus filmes de anime. Foi fundado por Tokuma Shoten en xuño de 1985 despois do éxito de Kaze no Tani no Naushika. O logo da compañía é a personaxe de Totoro (un enorme espírito do bosque) dun dos filmes de Miyazaki, O meu veciño Totoro. O estudio estaba localizado inicialmente en Kichijōji, Musashino, Toquio.[2]
Studio Ghibli produciu numerosos filmes, o primeiro deles, Tenkū no Shiro Rapyuta en 1986. Foi seguido por Hotaru no haka (1988), O meu veciño Totoro (1988), Majo no takkyūbin (1989), Omohide Poro Poro (1991), Kurenai no Buta (1992), Heisei Tanuki Gassen Ponpoko (1994), Mimi o Sumaseba (1995), Mononoke Hime (1997), Hōhokekyo Tonari no Yamada-kun (1999), A viaxe de Chihiro (2001), Neko no Ongaeshi (2002), Hauru no Ugoku Shiro (2004), Gedo Senki (2006), Gake no ue no Ponyo (2008), Kari-gurashi no Arietti (2010) e Kokuriko-zaka Kara (2011). Dezaseis dos filmes foron recibidos con éxito tanto pola crítica coma economicamente, agás Gedo Senki, que, malia o seu éxito comercial, levou peores críticas que outras producións de Ghibli.[3] O estudio tamén produciu numerosas curtametraxes e anuncios de televisión, así como o telefilme Umi ga kikoeru.