Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Sturm und Drang

Sturm und Drang (que podería traducirse por "tormenta e ímpeto" ou "tormenta e ansia") é o nome usado para designar un movemento literario e musical alemán, que se desenvolveu dende finais da década de 1760 ata os primeiros anos da década de 1780. O movemento puña a énfase na subxectividade individual e na libre expresión de estados emocionais extremos, en resposta ós límites impostos polos ilustrados alemáns (Aufklärung) e os movementos estéticos asociados a este. O filósofo Johann Georg Hamann é considerado o ideólogo da movemento, que tivo a Johann Wolfgang von Goethe como un dos seus representantes senlleiros, por ben que tanto el como Friedrich Schiller acabaron por separarse del, iniciando o que sería chamado clasicismo de Weimar. O movemento, que toma o seu nome da bra dramática do mesmo título de Friedrich Maximilian Klinger, pode ser clasificado dentro das correntes prerrománticas europeas.


Previous Page Next Page