Substance | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de New Order | ||||
Edición | 17 de agosto de 1987 | |||
Gravación | 1981 - 1987 | |||
Duración | 74:44 | |||
Xénero(s) | dance-rock, dance alternativo, post-punk, dancepop | |||
Selo(s) | Factory Records | |||
Producido por | New Order, Martin Hannett, Arthur Baker, John Robie, Shep Pettibone, Stephen Hague | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Substance (tamén coñecido como Substance 1987) é un álbum recompilatorio da banda inglesa de rock New Order, publicado o 17 de agosto de 1987 a través do selo Factory Records. O álbum recompila todos os sinxelos da banda ata ese momento nas súas versións de 12 polgadas, xunto coas súas respectivas caras b.[1] Tamén aparece o sinxelo sen álbum "True Faith", que foi lanzado nese momento, xunto coa súa cara b "1963" e as novas versións de "Temptation" e "Confusion".
Substance foi lanzado como un LP dobre (12 pistas), un CD dobre (24 pistas), un casete dobre (24 ou 28 pistas), un casete único (12 pistas) nos Estados Unidos, e un DAT (24 pistas). Vendeu máis dun millón de copias[2] e converteuse no álbum máis popular e aclamado pola crítica de New Order.
É o complemento dunhare compilación de sinxelos semellantes da banda predecesora de New Order, Joy Division, tamén titulada Substance.