Sun Wukong (en chinés: 孙悟空) ou o Rei Mono, é unha figura mitolóxica e personaxe deus mono da novela chinesa Viaxe ó Oeste, obra clásica da literatura chinesa. Este personaxe áchase entre un deus embusteiro, un superheroe e unha alegoría. As orixes do Rei Macaco anteceden o romance chinés, e remóntanse ao Deus Macaco, Hanuman, da épica hindú ao Ramayana e á dinastía Song.[1]
Os personaxes chamados Son Goku son achados en abondosas series de anime e manga xaponesas baseadas neste mito, e tamén bandas deseñadas europeas e videoxogos [2][3]. Un deles, posibelmente o máis coñecido, está no universo de Dragon Ball e outro na serie Gensomaden Saiyuki. Nos animes de Doraemon e Shin-chan tamén aparece a historia.