Taenia saginata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Proglotes grávidas de Taenia saginata, cun característico número de úteros laterais entre 15-20. Tinguidura de tinta chinesa. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Taenia saginata |
Taenia saginata ou tenia da vaca é unha especie de verme platihelminto cestodo ciclofílido parasito da vaca e do ser humano. É unha das especies que se chama "solitaria" (a outra é Taenia solium), xa que normalmente vive unha soa en cada persoa afectada, e produce a teníase, pero non a cisticercose no home. As súas formas adultas viven no intestino delgado humano, onde atinxen de 2 a 5 m de lonxitude e poden chegar a 10 m. A fase larvaria intermedia transcorre no gando vacún, no que se produce unha infestación xeralmente asintomática, localizada na musculatura do animal.