Lema | «Heade mõtete linn» «City of good thoughts» | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Taarapita (pt) | ||||||||
Localización | |||||||||
| |||||||||
País | Estonia | ||||||||
Condados | Condado de Tartu | ||||||||
City (en) | Tartu City (en) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 97.759 (2024) (2.508,57 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 38,97 km² | ||||||||
Bañado por | Emajõgi | ||||||||
Altitude | 79 m | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | 1262 | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 50050–51111 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Kutaisi (2017–) | ||||||||
Sitio web | tartu.ee | ||||||||
Tartu é a segunda maior cidade de Estonia e capital do condado de Tartu. A cidade de Tartu ten unha poboación de 93.124 habitantes (2017) e unha superficie de 38,8 km². É a segunda cidade máis poboada do país, por detrás da capital Tallin,[1] e a oitava máis poboada no conxunto dos países bálticos.
O desenvolvemento de Tartu estivo ligado á propia historia do sur de Estonia. A primeira mención data de 1030 e fai referencia a «Iúriev», unha fortaleza controlada pola Rus de Kíiv.[2] Nas cruzadas bálticas de comezos do século XIII, dita fortaleza foi capturada polos Irmáns Livonios, renomeada «Dorpat» e convertida na capital do bispado de Dorpat (1224-1558). Posteriormente estivo baixo control da República das Dúas Nacións, o imperio sueco e o Imperio ruso, até que Estonia proclamou a súa independencia en 1919 e impuxo o topónimo actual.[3]
Tartu considérase a capital cultural e intelectual do país,[4][5][6] ó posuír a universidade máis antiga e prestixiosa do país, a Universidade de Tartu, fundada en 1632 por Gustavo II Adolfo de Suecia e principal academia do país.[7] Desde a década de 1960 até a súa morte en 1993 foi catedrático desta universidade o semiólogo Iurii Lotman, cofundador da Escola Tartu-Moscova. Durante o nacionalismo romántico, os intelectuais estonianos organizaron a primeira edición do Festival da Canción de Estonia —actualmente en Tallin— e a primeira representación teatral en lingua estoniana. Hoxe en día a cidade acolle o Ministerio de Educación e Investigación, a Corte Suprema, o Museo Nacional de Estonia e o observatorio de Tartu.[3]
Outros nomes históricos da cidade inclúen o alemán Dorpat (do século XIII) e o ruso Yuryev (Юрьев, dende 1030) e Derpt (Дерпт).