Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Templo romano

Templo de Augusto en Pula, Croacia

O templo romano, era o lugar de culto da Roma Antiga. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de cella etrusco-itálico e o pórtico de columnas do templo grego, con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que Vitrubio chamou orde toscana, case cadrado sobre zócolo accesible por unha escaleira anterior (podium). Porén, os esquemas varían moito e adoptan singularidades, sobre todo en Oriente. Os de planta rectangular son os normais; así, o de Templo de César no foro de Roma, edificado onde se incinerou o seu corpo, tiña un podium recuberto de placas de pedra, cuxa parte dianteira avanzaba cara ao foro e formaba unha tribuna (rostra Iulia), en cuxo centro un semicírculo deixaba lugar para o altar, e aos lados estaban os esporóns das naves capturadas en Accio; por dúas escaleiras subíase ao templo hexástilo e próstilo; outro exemplo, moi ben conservado, é a Maison carrée en Nîmes, hexástilo e pseudoperíptero corintio, construído por Augusto en honra dos seus fillos adoptivos Agripa, Caio e Lucio.

Plantas dos templos gregos, base dos romanos

A planta circular aplicouse aos templos de Vesta, en memoria da cabana romana; segundo Vitrubio, podía ter ou non cella interior, sendo o primeiro un tholos con pórtico, como o de Tívoli, de tempos de Sila, ou o do foro romano. Notable tamén o templete de Baalbek, precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o Panteón de Agripa, fundado por Augusto e refeito por Hadrián, cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos capitolios, adicados á Tríade Capitolina, con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a Xúpiter no centro, á dereita Xuno e á esquerda Minerva; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en Timgad (Alxeria), Pompeia, Sbeitla (Tunisia), e outros lugares ata onde se espallou o Imperio.

Hai outras plantas resultantes da introdución de cultos orientais cuns ritos determinados; así os de Cibeles, Isis e Serapis. No Mediterráneo foron numerosos os templos dedicados a Mitra, primeiramente en criptas e logo en cámaras rectangulares con fiestras e instalacións para o sacrificio do touro e as lustracións, cun altar no que se representaba invariablemente a morte do touro polo deus. No norte de África hai moitos exemplos de templos de forma particular, como o de Xuno Celestis (Tanit) en Dugga (Tunisia), disposto nun patio semicircular.


Previous Page Next Page