Tenebrio molitor Rango fósil: Holoceno, 0,003 Ma-0 Ma | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
O Tenebrio molitor ou escaravello da fariña,[1] tamén chamado bicho da fariña,[1] tenebrio amarelo[1] ou tenebrio común,[1] é unha especie de escaravello tenebriónido. Como todos os insectos holometábolos, pasa por catro estadios vitais: ovo, larva, pupa e adulto. As larvas miden tipicamente uns 2,5 cm ou máis, mentres que os adultos están xeralmente entre 1,25 e 1,8 cm de lonxitude. É unha praga dos grans de cereais almacenados e da fariña, de aí o seu nome (pero o Tribolium castaneum, outro tenebriónido, de cor vermella, tamén é outro escaravello da fariña). A larva é comestible.