Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Terremoto

Epicentros de terremotos na Terra, 1963-1998 (cortesía NASA.

Un terremoto[1](do latín terraemōtus, a partir de terra, e motus, 'movemento'), sismo[2] (derivado do grego σεισμός [sismos][3]), tremor de terra[4] ou movemento telúrico,[5] é a sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. No seu sentido máis xeral, a palabra terremoto utilízase para describir calquera suceso sísmico, xa sexa natural ou provocado por humanos, que xere ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola actividade de fallas xeolóxicas. Tamén poden ocorrer por outras causas, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos, impactos de asteroides ou calquera obxecto celeste de gran tamaño, ou mesmo poden ser producidos polo ser humano ao realizar detonacións nucleares subterráneas.

Os terremotos poden variar en intensidade, desde aqueles que son tan débiles que non se poden sentir, ata aqueles violentos suficiente para propulsar obxectos e persoas polo aire, danar infraestruturas críticas e sementar a destrución en cidades enteiras.

Na superficie terrestre, os terremotos maniféstanse sacudindo e desprazando ou alterando o chan. O punto de orixe dun terremoto denomínase foco ou hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre que se atopa directamente sobre o hipocentro. Cando o epicentro dun gran sismo sitúase mar dentro, o leito mariño pode desprazarse o suficiente como para provocar un tsunami.

A actividade sísmica dunha zona é a frecuencia, o tipo e o tamaño dos terremotos experimentados durante un período de tempo determinado. A sismicidade nun lugar concreto da Terra é a taxa media de liberación de enerxía sísmica por unidade de volume. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diferentes escalas, sendo a escala de Richter a máis coñecida e utilizada polos medios de comunicación.

Só nos Estados Unidos ocorren de 12 000 a 14 000 terremotos anualmente (ou sexa, aproximadamente 35 por día). En base a rexistros históricos de longo prazo, pódense esperar por ano aproximadamente uns 18 grandes terremotos (de 7,0 a 7,9 na escala de Richter) e un terremoto xigante (8 ou superior).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terremoto.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sismo.
  3. Definición de sismo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tremor. Véxase Frases e expresións con tremor.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telúrico.

Previous Page Next Page






Aardbewing AF Erdbeben ALS የመሬት መንቀጥቀጥ AM Tierratremo AN Eorþbeofung ANG Sikisik-ijọn̄ ANN भूकंप ANP زلزال Arabic ভূমিকম্প AS Terremotu AST

Responsive image

Responsive image