State of Texas (en) | |||||
Himno | Texas, Our Texas (en) (1929) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Friendship» | ||||
Símbolo oficial | Tordo-imitador (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Lone Star State | ||||
Epónimo | amigo | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Austin | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.145.505 (2020) (41,86 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 9.906.070 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 696.241 km² | ||||
Auga | 2,74 % | ||||
Bañado por | Golfo de México e Río Grande, América do Norte | ||||
Altitude | 520 m | ||||
Punto máis alto | Pico Guadalupe (pt) (2.667 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo de México (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de decembro de 1845 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Texas (en) | ||||
• Governador (pt) | Greg Abbott (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Texas Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Texas (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-TX | ||||
Identificador GNIS | 1779801 | ||||
Sitio web | texas.gov |
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.
Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".
Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.
Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción dalgunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.
Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.