The Daily Telegraph | |
---|---|
Fundación | 1855 |
Fundador | Burrows Willcocks A... Sleigh |
Lingua | lingua inglesa |
Localidade | Londres |
ISSN | 0307-1235 |
Na rede | |
https://telegraph.co.uk | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Daily Telegraph é un xornal británico en lingua inglesa, publicado en Londres por Telegraph Media Group, distribuído en todo o Reino Unido e internacionalmente. O xornal foi fundado por Arthur B. Sleigh en xuño de 1855 como The Daily Telegraph and Courier, e dende 2004 foi propiedade de David e Frederick Barclay. Tivo unha circulación diaria de 523 048 en marzo de 2014, por baixo de 552 065 a comezos de 2013.[1][2] En comparanza, The Times tivo unha difusión media diaria de 400 060, por baixo de 394 448.[3]
The Daily Telegraph ten un xornal irmán, The Sunday Telegraph, que se iniciou en 1961, cunha circulación de 418 670 en marzo de 2014.[4] Os dous xornais impresos actualmente están administrados por separado con diferentes redaccións, pero hai uso cruzado de historias. Novas publicadas en ambos, ademais de artigos do Telegraph en liña, tamén poden ser publicados na páxina web do Telegraph Media Group, www.telegraph.co.uk, todos baixo o título de The Telegraph.