Un transbordador[1] é un tipo de buque que enlaza dous puntos levando pasaxeiros, mercadorías e, ás veces, vehículos dun lado a outro dun río, un canal, un esteiro etc., en horarios programados.
Os transbordadores forman parte do transporte público nalgunhas cidades situadas na costa, con baías, grandes lagos ou ríos, permitindo o tránsito directo entre dous puntos a un custo moito menor que a construción de pontes e túneles.