Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Tyana

Tyana ou Tiana foi unha cidade de Capadocia que recibiu o nome dun rei de Tracia chamado Toas. Estaba ao pé dos montes Tauro, preto das portas Cilicias e á beira dun río afluente do Lamos. Foi capital do distrito da Tyanitis.

No reinado de Caracalla converteuse en colonia romana. Foi parte despois do imperio de Palmira e reconquistada por Aureliano o 272. Valente fíxoa capital da provincia de Cappadocia secunda.

Tiña nas inmediacións un templo de Zeus ao bordo dun lago nunha chaira pantanosa. A auga do lago era fría, pero tiña unha fonte quente.

Aquí naceu o famoso impostor Apolonio.

Supúxose que era a moderna Kara Izar, pero despois confirmouse que estaba máis ao sur, no lugar hoxe chamado Kiz Izar ao suroeste de Nigde e a medio camiño desta cidade e Erekli. Consérvanse algúns restos da antiga cidade.


Previous Page Next Page






طوانة Arabic Тиана Bulgarian Tíana Catalan Tyana German Τύανα Greek Tyana English Tiana (ciudad de Anatolia) Spanish Tyana Finnish Tyane French טיאנה HE

Responsive image

Responsive image