Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Unblack metal

Unblack metal
Orixe musicalBlack metal, metal cristián
Orixe culturalComezos dos anos 1990 en Escandinavia e Australia
Instrumentos típicosVoz, guitarra eléctrica, baixo, batería

O unblack metal, tamén chamado black metal cristián, é un subxénero do heavy metal que segue o estilo do black metal pero no que os músicos promocionan o cristianismo por medio das súas letras e a súa imaxinería.[1] Os grupos deste xénero resultan controvertidos de cara aos afeccionados do black metal máis tradicional, debido ao posicionamento anti-cristián dos grupos pioneiros do xénero. Os medios tamén teñen suxerido que o cristianismo contradí a natureza escura do black metal e os ideais individualistas e misantrópicos de moitos dos grupos dese xénero.[2][3]

O comezo exacto deste estilo está en disputa. O grupo australiano Horde co seu álbum de 1994 titulado Hellig Usvart deu a coñecer o concepto deste estilo e o termo holy unblack metal de cara aos medio,[4] mentres que o grupo noruegués Antestor adoptou o estilo black metal no seu álbum de 1994 Martyrium.[5] Outros exemplos de grupos deste xénero son Crimson Moonlight,[6] Admonish[7] e Frosthardr.[8]

  1. Kapelovitz, Dan (2001). "Heavy Metal Jesus Freaks – Headbanging for Christ". Mean Magazine. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2007. Consultado o 6 de setembro de 2007. 
  2. Moberg, Marcus (2015). Christian Metal: History, Ideology, Scene. Bloomsbury Publishing. p. 51. ISBN 9781472579867. 
  3. Possamai, Adam (2005). "Religion and Popular Culture: A Hyper-real Testament". Gods, humans, and religions (Peter Lang) (7): 155. ISBN 9789052012728. ISSN 1377-8323. 
  4. Feuz, Gisela (18 de febreiro de 2014). "Bizarre Musikgenres Teil 6: Unblack Metal". Der Bund (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 01 de decembro de 2015. 
  5. "MusikkOpp-ned oppnedkors!". Oslonett (en noruegués). 6 de febreiro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de decembro de 2007. 
  6. Sharpe-Young, Garry (2001). Rockdetector: A-Z of Black Metal (1ª ed.). Cherry Red Books. p. 91. ISBN 1-901447308. 
  7. Morrow, Matt (26 de maio de 2005). "Admonish Interview". The Whipping Post. Consultado o 9 de setembro de 2007. 
  8. Dome, Michael (2007). Murder Music: Black Metal (Filme). Rockworld TV. 

Previous Page Next Page