Os unicontos ou Unikonta son un grupo de eucariotas propostos por Thomas Cavalier-Smith, que tipicamente teñen células cun só flaxelo ou con ningún (formas ameboides).[1][2] É un dos dous grandes clados nos que se dividen os eucariotas; o outro son os Bikonta. Os Unikonta comprenden os grupos dos Amoebozoa, e os Opisthokonta (animais, fungos e formas relacionadas).[3][4]
A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith.[2][5]
Lenda: [A] Eukarya ancestral heterótrofo uniflaxelado e unicentriolar; mitocondrias con cristas tubulares. [B] Biflaxelado ancestral. [C] Fusión de xenes DHFR-TS. [D] Fusión tripla de xenes da biosíntese da pirimidina. [E] Alvéolos corticais. [F] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga verde (clasificada dentro de Viridiplantae). [G] Flaxelo posterior e mitocondrias con cristas planas. [H] Inserción de EF1-alfa. [I] Aparición dos cloroplastos por endosimbiose primaria cunha cianobacteria. [J] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga vermella (Rhodophyta). [K] Inserción de poliubiquitina. [L] Suco de alimentación ventral. [M] Pelos tubulares en flaxelos, e plastos dentro do retículo endoplasmático rugoso.
- ↑ Cavalier-Smith T (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 2): 297–354. PMID 11931142. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Cavalier-Smith, Thomas (2003). "Protist phylogeny and the high-level classification of Protozoa". European Journal of Protistology 39 (4): 338–348. doi:10.1078/0932-4739-00002.
- ↑ A Minge M, Silberman JD, Orr RJ; et al. (2008). "Evolutionary position of breviate amoebae and the primary eukaryote divergence". Proc. Biol. Sci. 276 (1657): 597–604. PMC 2660946. PMID 19004754. doi:10.1098/rspb.2008.1358.
- ↑ Burki F, Pawlowski J (2006). "Monophyly of Rhizaria and multigene phylogeny of unicellular bikonts". Mol. Biol. Evol. 23 (10): 1922–30. PMID 16829542. doi:10.1093/molbev/msl055.
- ↑ Alexandra Stechmann and Thomas Cavalier-Smith (2003). "The root of the eukaryote tree pinpointed". Current Biology 13 (17). PMID 12956967.