Valdebernardo é un barrio administrativo de Madrid (España) pertencente ao distrito de Vicálvaro. Constituído como tal en 1995, tras os cambios na delimitación territorial interna do distrito levada a cabo polo Concello de Madrid.
O barrio de Valdebernardo está situado ao suroeste do distrito de Vicálvaro. Está limitado ao oeste pola autovía de circunvalación M-40. Ao sur pola autovía do Leste A-3. Ao leste pola vía ferroviaria de Proximidades Madrid (liñas C-2 e C-7). Ao norte está delimitado pola avenida das Comunidades, a rúa Marmolina, a rúa da Dehesa de Vicálvaro, a avenida da Aurora Boreal, a avenida da Democracia, a Praza de Alosno, e o camiño Vello de Vicálvaro.