Warszawa (pl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodato de Mazovia | ||||
Capital de | Polonia (1596–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.860.281 (2021) (3.598,22 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua polaca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 517 km² | ||||
Bañado por | Río Vístula | ||||
Altitude | 118 m | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Varsóvia Ocidental (pt) (2002–) Condado de Mińsk (pt) (2002–) Condado de Wołomin (pt) (2002–) Condado de Otwock (pt) (2002–) Condado de Pruszków (pt) (2002–) Condado de Piaseczno (pt) (2002–) Condado de Legionowo (pt) (2002–) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Rafał Trzaskowski (2018–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 00-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 22 | ||||
Código NUTS | PL127 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | um.warszawa.pl | ||||
Varsovia[1][2] (en polaco: Warszawa, [varˈʂava] (AFI), escoitar; en alemán: Warschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos. A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas.[3] A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.
A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.
O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.