Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Vibrio

Vibrio

Tinguidura flaxelar de V. cholerae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Vibrionales
Familia: Vibrionaceae
Xénero: Vibrio
Pacini 1854
Especie tipo
Vibrio cholerae
Especies

Vibrio é un xénero de bacterias gramnegativas que ten unha característica forma de bacilo curvado con forma de coma, entre as que está a especie que produce o cólera (Vibrio cholerae).[1][2][3] As bacterias con forma de coma (do xénero Vibrio e doutros) chámanse xenericamente vibrios ou vibrións e son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e espirilos. O nome Vibrio deriva da palabra vibrión, que utilizou Filippo Pacini para chamar aos microorganismos que illou de pacientes de cólera en 1854, e ten que ver coa súa mobilidade (vibraban).[4]

Ademais do cólera causado por V. cholerae, varias especies do xénero Vibrio poden causar infeccións alimentarias, xeralmente asociadas co consumo de alimentos pouco cociñados, e outros poden infectar feridas abertas e producir septicemias. Os Vibrio atópanse xeralmente na auga salgada, pero tamén na doce e son anaerobios facultativos que dan positivo na proba da oxidase, son fermentativos e non forman esporas.[5] Todos os membros do xénero son móbiles e teñen un flaxelos polares con vaíñas. As filoxenias recentes elaboráronse baseándose nun conxunto de xenes (análise de secuencia multilocus).[1]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Thompson2
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Sherris
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FaruqueNair
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome AUTOREF
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Brock

Previous Page Next Page






بكتيريا الضمة Arabic بكتيريا الضمه ARZ Вібрыёны BE Vibrió Catalan Vibrio Czech Vibrionen German Vibrio English Vibrio Spanish Vibrio ET Vibrio EU

Responsive image

Responsive image