Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Videoxogo para un xogador

Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.

Os xogos máis importantes para un xogador teñen historias interesantes, gráficos impresionantes, e personaxes non xogables máis realistas e mellores adversarios. Os exemplos notábeis inclúen xogos de acción e aventura como The Legend of Zelda, xogos de plataformas como Mario e Sonic, xogos de sixilo como Metal Gear, xogos de horror e supervivencia como Resident Evil e Silent Hill, e FPS como Doom, Half-Life e Deus Ex.

Algúns xéneros de videoxogos están orientados cara ao único xogador no seu deseño. Tales xéneros inclúen xogos de crebacabezas, como o Tetris, e xogos de rol (RPG), como Dragon Quest e Final Fantasy. Adicións recentes a estes xéneros, como os MMOG, ou videoxogos multixogador masivos en liña, que teñen versións multixogador de xogos como o Tetris, están servindo para desfacer esta tendencia.

A vasta maioría de xogos de consola e xogos de arcade son deseñados de modo que poden ser xogados por un xogador; a pesar de que moitos destes xogos teñen modos que deixan xogar a dous ou máis xogadores (non necesariamente simultaneamente), moi poucos de feito requiren máis dun xogador para poder ser xogado.


Previous Page Next Page