Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Viking metal

Viking metal
Orixe musicalBlack metal, Folk metal
Orixe culturalFinais dos anos 1980s – anos 1990 nos países nórdicos de Europa
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, teclado, instrumentos folk

O viking metal é un estilo con orixes no black metal e a música folk nórdica,[1][2] caracterizado polas súas letras e temáticas centradas na mitoloxía nórdica, o paganismo nórdico e a era viquinga.[3] Algunhas das características musicais comúns nos grupos incluídos neste xénero son os estilos pesados e lentos de guitarra, os coros en forma de himno, uso conxunto de voces limpas e gritos, uso de instrumentos propios da música folk e inclusión de teclados para xerar un efecto musical atmosférico.[4] Este xénero comezou a desenvolverse nos anos 1980 e 1990 como forma de rexeitar o satanismo e ocultismo propios do black metal,[5] acollendo no seu lugar a mitoloxía nórdica dos viquingos e o paganismo como forma de oposición ao cristianismo.[5] Presenta similitudes na lírica, sons e temática ao pagan metal, aínda que este último presenta un rango mitolóxico máis amplo e un uso máis extensivo da instrumentación folk.[6]

O grupo sueco Bathory acredítase como o pioneiro deste estilo cos seus álbums Blood Fire Death de 1988 e Hammerheart de 1990.[7] Os noruegueses Enslaved seguiron estes pasos cos álbums Hordanes Land de 1993 e Vikingligr Veldi de 1994.[8][9] Burzum,[10] Emperor,[11] Einherjer,[12][13][14] e Helheim[15][16], entre outros grupos, continuaron desenvolvendo o xénero a comezos e mediados dos anos 1990. Os grupos de death metal Unleashed e Amon Amarth tamén adoptaron estas temáticas viquingas, ampliando o estilo dende a súa orixe no black metal cara a outros xéneros.[17]

  1. Jonsson, Johannes (13 de novembro de 2011). "VARDOGER - Whitefrozen". Metal For Jesus!. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  2. Lee, Cosmo (8 de novembro de 2006). "Amon Amarth - With Oden on Our Side". Stylus Magazine. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  3. Freeborn, Robert (2010). "A selective discography of scandinavian heavy metal music". Quarterly Journal of the Music Library Association 66 (4): 840–850. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  4. Weinstein, Deena; Weston, Donna; Bennet, Andy (2014). Pop Pagans: Paganism and Popular Music. Londres: Routledge. p. 60. ISBN 9781317546658. 
  5. 5,0 5,1 Trafford & Pluskowski 2007, p. 63
  6. Manea, Irina-Maria (16 de abril de 2015). "Primal Roots: Ancestry and Race in Extreme Music Discourses". Proceedings of IAC-SSaH 2015: International Academic Conference on Social Sciences and Humanities in Prague 2015 (Czech Institute of Academic Education): 185–193. ISBN 9788090579125. 
  7. Rivadavia, Eduardo. "Blood Fire Death". AllMusic. Consultado o 27 de marzo de 2008. 
  8. Rivadavia, Eduardo. "Eld". AllMusic. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  9. Sharpe-Young, Garry; Skogen, Espen; Born, R. "Enslaved". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2009. Consultado o 5 de maio de 2015. 
  10. Huey, Steve. "Burzum". AllMusic. Consultado o 27 de marzo de 2008. 
  11. Huey, Steve. "Mortiis". AllMusic. Consultado o 27 de marzo de 2008. 
  12. Trafford & Pluskowski 2007, p. 65
  13. Müller, Robert (2011). "Das Phantom mit dem Hörnerhelm". Metal Hammer (en alemán): 38. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  14. DaRonco, Mike. "Einherjer". AllMusic. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  15. Hoad, Catherine (2013). Wilson, Oli; Attfield, Sarah, eds. "'Hold the Heathen Hammer High': Viking Metal from the Local to the Global". Shifting Sounds: Musical Flow - A Collection of Papers from the 2012 IASPM Australia/New Zealand Conference (Dunedin: International Association for the Study of Popular Music): 62–70. ISBN 9780975774793. 
  16. "Helheim". Laut.de (en alemán). Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  17. Heesch, Florian (2010). "'Metal for Nordic Men': Amon Amarth's Representations of Vikings" (PDF). The Metal Void: 71–80. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 21 de agosto de 2015. 

Previous Page Next Page