Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito do Porto | ||||
Capital | Vila do Conde (cidade) (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 79.533 (2011) (533,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 149 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4480 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 252 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-viladoconde.pt |
Vila do Conde é unha cidade portuguesa no distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 28.636 habitantes en 2011. Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79.533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías. O municipio limita ao norte co da Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e ao sur conr Maia e por Matosinhos, e ao oeste ten litoral no océano Atlántico.
Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, e configura un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.