Virginia Beach (en) ![]() | |||||
Lema | «Landmarks of Our Nation's Beginning» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Alcume | The Resort City e Neptune City ![]() | ||||
Epónimo | Virxinia ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Virxinia ![]() | ||||
Capital | sen valor ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 459.470 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 172.452 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana de Virxinia Beach-Norfolk-Newport News ![]() ![]() | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.288,515927 km² ![]() | ||||
Auga | 49,9302 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Altitude | 7 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1906 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Virginia Beach, Virginia (en) ![]() ![]() | Bobby Dyer (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Virginia Beach City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23451 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 757 ![]() | ||||
Código de departamento INSEE | 51810 ![]() | ||||
Identificador GNIS | 1498559 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | virginiabeach.gov ![]() |
Virginia Beach é unha cidade independente situada en Hampton Roads, área metropolitana de Virxinia, xunto ao océano Atlántico e a baía de Chesapeake. Aínda que o condado de Fairfax é a xurisdición máis poboada no estado de Virxinia, Virginia Beach é a cidade máis poboada do estado, así como a 39ª cidade máis grande dos Estados Unidos, cunha poboación de 437.994 habitantes, segundo o censo do 2010.[1]
Virginia Beach é a cidade máis oriental da área de Hampton Roads (ou Tidewater) que conforma o núcleo coñecido estatisticamente como Virginia Beach-Norfolk-Newport News, VA-NC MSA. Esta zona, coñecida como a Primeira Rexión de América, tamén inclúe ás cidades independentes de Chesapeake, Hampton, Newport News, Norfolk, Portsmouth, e Suffolk, así coma outras cidades máis pequenas, condados e cidades de Hampton Roads.
Virginia Beach é un centro turístico con quilómetros de praias e centos de hoteis, moteis e restaurantes ao longo da beira do mar. Cada ano, a cidade acolle o East Coast Surfing Championships, así como o North American Sand Soccer Championship (Campionato de Fútbol Praia de Norte América). Na cidade hai tamén varios parques estatais, varias zonas longas de praia protexida, tres bases militares, un bo número de grandes empresas, dúas universidades, a Asociación de Edgar Cayce para a Investigación e a Ilustración e numerosos lugares históricos. Cerca do lugar onde se xuntan a baía de Chesapeake e o océano Atlántico encóntrase Cape Henry, que foi o sitio do primeiro desembarco dos colonos ingleses, que finalmente se estableceron en Jamenstown, o 26 de abril de 1607.
A cidade aparece no Libro Guinness dos Récords por ter a praia máis longa do mundo. Atópase no extremo sur da ponte-túnel máis longa do mundo, o Chesapeake Bay Bridge-Tunnel.[2]