![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Un visado é un documento emitido por un país dando a un certo individuo permiso para entrar no seu territorio por un certo período de tempo e para determinadas finalidades. Moitos países requiren a posesión dun visado válido como condición de entrada para estranxeiros. Os visados son xeralmente marcados ou anexados ao pasaporte do destinatario.
Algúns países, requiren que os seus nacionais ou mesmo os estranxeiros no seu territorio obteñan un visado de saída para poderen marchar do país.
Entrar nun país sen un visado válido ou realizar actividades non cubertas polo visado (por exemplo, traballar con visado de turismo), resulta na transformación do individuo nun inmigrante ilegal, xeralmente suxeito á deportación ao seu país natal.