Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Territoire des îles Wallis-et-Futuna (fr) | |||||
Himno | La Marseillaise | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Capital | Matāʻutu | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.558 (2018) (42,18 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa Língua futunana (pt) Lingua wallisiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 274 km² | ||||
Altitude | 166 m | ||||
Punto máis alto | Monte Puke (pt) (524 m) | ||||
Creación | 1961 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
Moeda | Franco CFP | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .wf | ||||
Prefixo telefónico | +681 | ||||
Código de país | WF | ||||
ISO 3166-2 | FR-WF | ||||
Código de departamento INSEE | 986 | ||||
Sitio web | wallis-et-futuna.pref.gouv.fr |
Wallis e Futuna,[1] oficialmente o Territorio das illas Wallis e Futuna[2] (/ˈwɒlɪs ... fuːˈtuːnə/; francés: Wallis-et-Futuna [walis e futuna] ou Territoire des îles Wallis-et-Futuna, é unha colectividade francesa no Pacífico Sur, situado entre Tuvalu ao noroeste, Fidxi ao suroeste, Tonga ao sueste, Samoa ao leste, e Tokelau ao nordés.
A capital é Matāʻutu, tamén capital da illa Wallis e cidade máis grande. A súa superficie é de 14 242 km2 (5 499 sq mi). Tiña unha poboación de 11.558 no censo de 2018 (en comparación con 14.944 no censo de 2003).[3][4] O territorio está formado por tres principais illas tropicais volcánicas e unha serie de pequenos illotes. Divídese en dous grupos de illas que se atopan a uns 260 km (160 mi): Wallis (tamén coñecidas como Uvea) no nordés, as Illas Hoorn (tamén coñecidas como illas Futuna) no suroeste, incluíndo Futuna propiamente dita e a Illa Alofi, maioritariamente deshabitada, o arquipélago atópase entre Nova Caledonia e Tahití.
Desde o 28 de marzo de 2003, Wallis e Futuna é unha Colectividade francesa de ultramar (collectivité d'outre-mer, ou COM).[5] Entre 1961 e 2003 tivo a condición de territorio francés de ultramar (territoire d'outre-mer ou TOM). O seu nome oficial non cambiou cando cambiou o seu estado.
Estas illas de relevo volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.
As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.
A moeda é o franco CFP.