Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Sudeste de Inglaterra | |||
Condado cerimonial | Hampshire | |||
Condado non metropolitano | Hampshire (en) ![]() | |||
District with city status (en) ![]() | City of Winchester (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | Wessex (–927) Reino de Inglaterra (927–década de 1200) City of Winchester (en) ![]() Hampshire (–1974) ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 35.200 ![]() | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | SO22 e SO23 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01962 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
![]() |
Winchester é unha cidade e capital do condado de Hampshire, Inglaterra. A cidade atópase no corazón da cidade de Winchester, un distrito do goberno local e está situada no extremo occidental do parque nacional de South Downs, ó longo do curso do río Itchen.[1] Atópase a 98 quilómetros ó suroeste de Londres e 21.9 km de Southampton, a súa cidade máis achegada. Segundo o censo de 2011, Winchester tiña unha poboación de 45 184. O distrito da cidade de Winchester inclúe as vilas de Alresford e Bishop's Waltham, cunha poboación total de 116 800.[2]
Winchester desenvolveuse a partir da vila romana de Venta Belgarum, que á súa vez era un oppidum da Idade de Ferro. O principal atractivo de Winchester é a súa catedral, unha das meirandes catedrais de Europa, que salienta por ter a nave máis longa e a maior lonxitude total de tódalas catedrais góticas de Europa. A cidade alberga a Universidade de Winchester e o Winchester College, a escola pública máis antiga do Reino Unido que aínda emprega os seus edificios orixinais.