Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
Entre as características principais da consola, pódese recalcar que foi a primeira en estar equipada cun disco duro para o almacenamento de xogos salvados, memoria caché durante o xogo e descarga de contido adicional a través de Xbox Live.