Xermania (libro) | |
---|---|
Título orixinal | De origine et situ Germanorum e Germania |
Autor/a | Publio Cornelio Tácito |
Orixe | Imperio Romano |
Lingua | lingua latina |
Xénero(s) | Etnografía |
Data de pub. | 98 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xermania, cuxo título completo en latín é De Origine et situ Germanorum e en galego Da orixe e situación dos xermanos, é un traballo etnográfico escrito polo historiador romano Publio Cornelio Tácito arredor do ano 98. Trata sobre os diversos pobos xermánicos non pertencentes ao Imperio Romano situados preto ou nas fronteiras deste.