A zona euscalduna de Navarra[1] é, segundo a Lei foral do éuscaro, a zona lingüística do noroeste da Comunidade Foral de Navarra na que o éuscaro é a lingua tradicional da súa poboación e na que, polo tanto, en aplicación do principio de predominio lingüístico consagrado no Amelloramento de Navarra, esta lingua ten cooficialidade xunto co castelán.
En 2017 produciuse un cambio significativo na composición das zonas. Pola Lei Foral 9/2017, do 27 de xuño, un concello (Atetz) pasou da zona mixta á zona euscalduna e 44 concellos da zona non euscalduna pasaron a formar parte da zona mixta. En 2001 o 67,3 % dos habitantes desta zona era euscaldún.[2]