007: Panorama para matar | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | A View to a Kill |
Director | John Glen |
Produtor | Albert R. Broccoli Michael G. Wilson |
Guión | Michael G. Wilson Richard Maibaum |
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes | |
Música | John Barry |
Fotografía | Alan Hume |
Montaxe | Peter Davies |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | MGM/UA Entertainment Company (USA) United International Pictures (Internacional)[1] |
Estrea | San Francisco: 22 de maio de 1985![]() ![]() |
Duración | 131 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción, Intriga |
Orzamento | $30 000 000 |
Recadación | $152 400 000 |
Na rede | |
http://www.mgm.com/results/view%20to%20a%20kill#/our-titles/2101/A-View-to-a-Kill | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
007: Panorama para matar (en inglés: A View to a Kill) é o décimo cuarto filme de espías baseado na personaxe de James Bond en ser producido por Eon Productions. É o sétimo e o derradeiro filme de Roger Moore como o Axente 007. Malia que o título do filme procede da historia curta de Ian Fleming "From a View to a Kill", o argumento é totalmente orixinal. En Panorama para matar, Bond debe deter a Max Zorin, que quere destruír Silicon Valley.
Estreouse en galego o 6 de maio de 1993 na TVG.[2]