AC-10 | |
---|---|
Entrada ao tunel de Eirís na AC-10. | |
Tipoloxía | Autovía urbana |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,670[1] km |
Formato | Dobre calzada |
Localización | |
Inicio | Avenida de Arteixo |
Fin | AC-12 |
Circulación | |
Velocidade máxima | 70 km/h |
A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril[2]. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12[3].
Unha parte da vía recibe o nome de rolda de Camilo José Cela.[4]