Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
ADSL son as siglas en inglés de Asymmetric Digital Subscriber Line (liña de abonado dixital asimétrica). Tecnoloxía dixital de transmisión asimétrica que permite, empregando o par de cobre de teléfono convencional, transportar información a alta velocidade. A capacidade de transmitir esta información depende moito da distancia do cliente á central telefónica.