AG-64 Autovía Ferrol - Vilalba | |
---|---|
Rotonda de inicio, na estrada Catabois-Valdoviño. | |
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 56,3 km |
Localización | |
Inicio | AC-116 Narón |
Fin | A-8 LU-861 Vilalba |
A Autovía Ferrol - Vilalba ou AG-64 é unha vía de altas prestacións autonómica galega, que une as cidades de Ferrol e Vilalba pasando polas Pontes de García Rodríguez.
Empeza na AC-116 no límite entre os concellos de Narón e Ferrol, e liga coa AC-861 nas Pontes de García Rodríguez, continúa a prolongación ata Vilalba e alí liga coa Autovía do Cantábrico (A-8). Ten nove ligazóns, das que oito son totais e unha parcial.
Esta autovía foi construída en catro fases: a primeira Ferrol - A Casanova entre 2003 e 2004; a segunda A Casanova - Igrexafeita en 2004, a terceira Igrexafeita - As Pontes, na que as obras concluíron finalmente en setembro de 2007 con máis dun ano de atraso debido á inestabilidade dun talude; e a cuarta As Pontes - Cabreiros entre 2005 e 2008, onde enlaza coa LU-540 cara a Muras e Viveiro. Houbo gran polémica pola destrución dos restos dun Círculo Lítico que se achaban en pleno trazado da autovía[Cómpre referencia].
En febreiro do 2010 foi posta en servizo o treito ata Vilalba, no treito Cabreiros - Vilalba, onde liga coa Autovía do Cantábrico, a A-8