A dama de Shangai | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lady from Shanghai |
Director | Orson Welles |
Produtor | Orson Welles |
Guión | Orson Welles |
Baseado en | If I Die Before I Wake Raymond Sherwood King |
Intérpretes |
|
Música | Heinz Roemheld |
Fotografía |
|
Montaxe | Viola Lawrence |
Estudio | Mercury Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 24 de decembro de 1947 14 de abril de 1948 20 de maio de 1995 (TVG) |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Cinema noir |
Recadación | 1 564 609 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
A dama de Shangai (en inglés: The Lady from Shanghai) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Orson Welles e protagonizado por Welles, Rita Hayworth e Everett Sloane.[2] Baséase na novela If I Die Before I Wake de Sherwood King.
Malia que nun principio recibiu valoracións dispares, gañou consideración co paso dos anos, e moitos críticos eloxiaron o seu deseño de escenarios e o traballo de cámara. En 2018, foi escollido para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3][4]
Estreouse subtitulado en galego o 20 de maio de 1995 na TVG.[5][6]