Abegondo

Modelo:Xeografía políticaAbegondo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°13′39″N 8°17′18″O / 43.2275, -8.2883
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalSan Marco Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.578 (2024) Editar o valor en Wikidata (66,56 hab./km²)
Xentilicioabegondés, abegondesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie83,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude700 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Antonio Santiso Miramontes (2009–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Abegondo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15318 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15001 Editar o valor en Wikidata

Sitio webabegondo.es Editar o valor en Wikidata

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara ao sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño[1][2], as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»[3]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome malde_2011
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome viaxx_abegondo
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Universidade de Vigo, eds. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. 

Abegondo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne