Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A actinomicose é unha enfermidade infecciosa causada por bacterias do xénero Actinomyces. A Actinomyces israelii é o principal axente nos seres humanos[1] e a Actinomyces bovis nos animais [2]. A enfermidade é de distribución mundial e afecta nunha porcentaxe maior aos homes cás mulleres[3], causa tumores que botan un líquido purulento. Adoita tratarse con penicilina. Enfermidade pouco frecuente entre os humanos afecta en especial ós bóvidos e ós equinos.