![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Otto Adolf Eichmann (Imperio Alemán, 19 de marzo de 1906 — Israel, 31 de maio de 1962) foi un oficial alemán-austríaco do Partido Nazi, membro da Schutzstaffel (SS) e un dos principais organizadores do Holocausto. Participou na Conferencia de Wannsee de xaneiro de 1942, na que se planificou o despregamento da Solución Final á Cuestión Xudía. Despois disto, foi encargado polo SS-Obergruppenführer Reinhard Heydrich de facilitar e xestionar a loxística envolta na deportación masiva de xudeus a guetos e campos de exterminio nazis en toda a Europa ocupada polos alemáns.