Aeroxerador

Aeroxerador Enercon E-30

Un aeroxerador,[1][2] muíño eólico ou muíño de vento é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribúe ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas máis avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis[3], ben por riba da media da UE.

Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos[4].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aeroxerador.
  2. Voz aeroxerador. Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais, Vigo, 2009.
  3. Artigo de Xabier Vázquez Pumariño
  4. "Proposta de Víctor Freixanes". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2009. 

Aeroxerador

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne