Agaricales

Agaricales é unha orde de fungos da clase Agaricomycetes que inclúe algúns dos cogomelos máis coñecidos. Noutrora estaba incluída na clase Homobasidiomicetes,[2] hoxe en desuso.[3] A orde ten 33 familias, 413 xéneros, e arredor de 13000 especies descritas.[3] Inclúe multitude de cogomelos coñecidos, dende o ubicuo champiñón común ou Agaricus bisporus, á mortal cacaforra Amanita virosa, así coma fungos alucinóxenos e velenosos coma o rebentabois (Amanita muscaria) ou especies bioluminiscentes coma o Omphalotus olearius.

  1. Underwood, L.M. (1899). Henry Holt, ed. Moulds, mildews and mushrooms: a guide to the systematic study of the Fungi and Mycetozoa and their literature. Nova York. p. 97. 
  2. Hibbett, D.S.; Thorn, R.G. (2001). McLaughlin, D.J.; et al., eds. The Mycota. VII Parte B. "Systematics and Evolution". Berlin: Springer-Verlag. pp. 121–168. 
  3. 3,0 3,1 Kirk, P.M.; Cannon, P.F.; Minter, D.W.; Stalpers J.A. (2008). Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford: CABI. pp. 12-13. ISBN 0-85199-826-7. 

Agaricales

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne