Agricultura

Malla en Miranda, Castroverde.
Sementado de soia na Arxentina.

A agricultura[1] (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación.[2] Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats.[3] A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.

As actividades relacionadas son as que integran o chamado sector agrícola. Todas as actividades económicas que abarca devandito sector teñen o seu fundamento na explotación dos recursos que a terra orixina, favorecida pola acción do ser humano: alimentos vexetais como cereais, froitas, hortalizas, pastos cultivados e forraxes; fibras utilizadas pola industria téxtil; cultivos enerxéticos etc.

A agricultura tamén comprende unha demanda global do ramo e o servizo da alimentación mundial depende en gran medida do clima e das técnicas para poder facer a terra fértil, conserva a súa orixe na propiedade privada e na explotación da terra entregada a familias para poder establecerse.

Alén de alimentos para uso dos seres humanos e dos seus animais, a agricultura produce mercadorías tan diferentes como flores e plantas ornamentais, fertilizantes orgánicos, produtos químicos industriais (látex e etanol), fibras (algodón, liño e cáñamo), combustibles (madeira para leña, etanol, metanol, biodiesel). A electricidade pódese tamén xerar de gas de metano de refugallos animais ou da queima da madeira producida especialmente para biomasa (a través do cultivo de árbores que medran axiña, como certas especies de eucaliptos).

Do punto de vista técnico e científico, a evolución da agricultura divídese en tres etapas principais: agricultura antiga, agricultura moderna e agricultura contemporánea.

É unha actividade de grande importancia estratéxica como base fundamental para o desenvolvemento autosuficiente e riqueza das nacións.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora, a si mesmo a ciencia que estuda a práctica da agricultura é a agronomía. En economía, a agricultura cae dentro do sector primario. Nela englóbanse os diferentes traballos de tratamento do chan e os cultivos de vexetais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agricultura.
  2. Safety and health in agriculture. International Labour Organization. 1999. p. 77. ISBN 978-92-2-111517-5. Consultado o 3 de abril do 2022 quote=Define a agricultura como “toda forma de actividades relacionadas co cultivo, a colleita e a transformación primaria de todo tipo de cultivos, coa cría e o coidado de animais, e co coidado de xardíns e viveiros”.. 
  3. "La agricultura: Características, Definición y Tipos 2022 – 2023". La Agricultura Online (en castelán). Consultado o 3 de abril do 2022. 

Agricultura

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne