Os aldehidos son compostos orgánicos caracterizados por posuír o grupo funcional -CHO[1]. En xeral, denomínanse igual cós alcohois correspondentes, cambiando a terminación -ol por -al:
No grupo aldehido (H-C=O) o grupo carbonilo (C=O) está unido a un só radical orgánico. Nunca se encontra no interior de cadeas carbonadas (enlazado a dous carbonos), como pasa coas cetonas.
Os aldehidos son olorosos, polo que moitos deles son fragrancias, como a vanilina (aldehido fenólico da vainilla).
Poden obterse a partir da oxidación suave dos alcohois primarios. Isto pódese levar a cabo quentando o alcohol nunha disolución ácida de dicromato de potasio (tamén hai outros métodos nos que se emprega Cr en estado de oxidación +6). O dicromato redúcese a Cr3+ (de cor verde). Tamén por medio da oxidación de Swern, na que se emprega sulfóxido de dimetilo, (Me)2SO, dicloruro de oxalilo, (CO)2Cl2, e unha base. Esquematicamente o proceso de oxidación é o seguinte:
Etimoloxicamente, a palabra aldehido procede do latín científico alcohol dehydrogenatum (alcohol deshidroxenado)[2], e o termo foi acuñado por Justus von Liebig [3].