Escrita latina | |
---|---|
Tipo | alfabeto |
Linguas | Maioría das linguas indoeuropeas |
Período de uso | dende ± 700 a. C. ata o tempo presente |
Situación | En uso |
Sistemas | |
Sistemas correlatos | Alfabeto armenio Alfabeto copto Alfabeto cirílico Alfabeto rúnico Alfabeto xeorxiano |
Código ISO 15924 | Latn, 215 |
Dirección da escrita | Esquerda a dereita |
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto latino ou abecedario (en latín: Abecedarium Latinum) é o sistema de escritura alfabético máis usado do mundo na actualidade. Nado do alfabeto etrusco, que á súa vez se basea nunha versión do alfabeto grego arcaico que se usaba na antiga cidade grega de Cumas, na Magna Grecia.
O alfabeto grego foi alterado polos etruscos , e posteriormente o seu alfabeto foi alterado polos antigos romanos . Existen varios alfabetos de escritura latina , que se diferencian en grafemas, clasificación e valores fonéticos do alfabeto latino clásico.
O alfabeto latino é a base do alfabeto fonético internacional , e as 26 letras máis estendidas son as letras contidas no alfabeto latino básico ISO , que son as mesmas letras que o alfabeto inglés .
A escritura latina é a base para o maior número de alfabetos de calquera sistema de escritura [ 1 ] e é o sistema de escritura máis adoptado no mundo. A escritura latina úsase actualmente por máis de 4500 millóns de persoas como parte da ortografía da maioría dos idiomas da Unión Europea, América, África subsahariana as illas do océano Pacífico, así como moitas linguas doutras partes do mundo.
Actualmente, a expresión alfabeto latino utilízase para calquera derivación directa do alfabeto usado polos romanos. Estas variacións poden perder letras —como o italiano— ou engadir letras —como é o caso do castelán— con respecto ao abecedario romano clásico. Moitas letras, doutra banda, cambiaron ao longo dos séculos, como as minúsculas, forma desenvolvida na Idade Media que os romanos non recoñecerían.