![]() | |
Tipo | Alfabeto |
---|---|
Linguas | Lingua n'ko |
Creador | Solomana Kante |
Creación | 1949 |
Código ISO 15924 | Nkoo, 165 |
Dirección da escrita | dereita a esquerda |
Unicode | U+07C0–U+07FF |
O alfabeto n'ko (ߒߞߏ) é un sistema de escrita desenvolvido por Solomana Kante en 1949 para escribir as linguas mandinga de África Occidental.[1][2] O termo n'ko, o cal quere dicir eu digo en tódalas linguas mandinga, é utlizado tamén para a lingua literaria mandinga estándar, que se escribe en escrita n'ko.
A escrita ten algunhas semellanzas co alfabeto árabe, principalmente a súa dirección (de dereita a esquerda) e as letras que están conectadas entre elas pola base. Ao contrario do árabe, marca obrigatoriamente o ton e as vogais. Os tons do n'ko están marcados como diacríticos, de maneira semellante a como se marcan algunhas vogais no árabe.