O algoritmo de Euclides é un método antigo e eficaz para calcular o máximo común divisor (MCD). Foi descrito orixinariamente por Euclides na súa obra Elementos. O algoritmo de Euclides estendido é unha lixeira modificación que permite ademais expresar o máximo común divisor como unha combinación linear. Este algoritmo ten aplicacións en diversas áreas como álxebra, teoría dos números e ciencias da computación entre outras. Cunhas pequenas modificacións adoita empregarse en computadoras electrónicas debido á súa grande eficiencia.