Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2024.) |
Alma,[1] que provén do latín anima, é un concepto dun principio transcendente ou unha entidade inmaterial do ser humano propio de moitas relixións e correntes da filosofía a miúdo considerada eterna.
Etimoloxicamente a palabra do latín anima usábase para designar o principio polo cal os seres animados estaban dotados de movemento propio. Nese sentido orixinario tanto os animais coma o ser humano estarían dotados de alma no cristianismo. Os avances na fisioloxía e neuroloxía permitiron recoñecer que os seres animados obedecen ao mesmo tipo de principios físicos que os obxectos inanimados, ao mesmo tempo que poden desenvolver actividades diferentes destes, como a nutrición, o crecemento, e a reprodución.
As mitoloxías dos pobos e logo as relixións en case todas as culturas teñen a crenza de que o ser humano está dotado dunha ou varias partes espirituais, diferentes do corpo, distinguindo nelas a alma, o espírito e en certos casos máis nocións. No cristianismo, as ánimas son as almas dos mortos que non foron nin ao ceo, nin ao paraíso, son almas perdidas ou que andan polo purgatorio. En moitas crenzas populares as pantasmas son almas de mortos que volven a visitar os vivos. Noutras relixións a alma pode despois da morte reencarnarse noutro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a relixión. Para os animistas todas as entidades da natureza teñen alma e polo tanto os humanos poden comunicar coa natureza.
Dende Platón, que consideraba a alma como a parte inmortal do home, ata as concepcións contemporáneas que consideran que a existencia está antes da esencia, a noción de alma na filosofía depende do filósofo e cada corrente filosófica.
En certos casos a psicoloxía, a psicanálise e a literatura teñen autores que tamén danlle consideración a existencia da alma como elemento da conciencia do ser humano.
Na actualidade o termo "alma" é usado, fundamentalmente, polos ideólogos relixiosos[Cómpre referencia].