Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Alpine foothills (en) | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 4.810,9 m | ||||
Dimensións | 280 () × 1.200 () km | ||||
Punto máis alto | Mont Blanc (4.810,9 m ) | ||||
Atravesa | Alemaña, Austria, Suíza, Francia, Italia, Eslovenia, Mónaco, Liechtenstein e Hungría | ||||
Material usado | Rocha magmática Flysch molassa (pt) Rocha metamórfica rocha sedimentaria | ||||
Superficie | 190.000 km² | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Oligoceno e Terciário (pt) | ||||
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa.[1] Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.[2] O seu pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude[3], situado na fronteira franco-italiana ou moi preto dela, xa que a masiva demarcación da fronteira nunca foi consensuada. Os Alpes forman unha barreira de 1 200 quilómetros entre o Mediterráneo e o Danubio
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor situáronse desde a prehistoria diversos pobos, principalmente celtas como os borgoñóns, leucos, longobardos, helvecios e posteriormente, xermánicos no noroeste ou pobos itálicos logo da conquista da Gallia Cisalpina por Xulio César.
Hai unha organización especial para a protección dos Alpes chamado o Convenio dos Alpes.