![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Amancio Ortega Gaona ![]() 28 de marzo de 1936 ![]() Busdongo de Arbas, España ![]() |
Residencia | A Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario, filántropo ![]() |
Patrimonio estimado | 77.000 M$ (2021) ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Flora Pérez (2001–) Rosalía Mera (1966–1986), divorcio ![]() |
Fillos | Sandra Ortega Mera ( ![]() Marcos Ortega Mera ( ![]() Marta Ortega ( ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | faortega.org ![]() |
![]() |
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936,[1] é un empresario galego da moda, creador de Zara[2]. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[3]. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.[4][5] En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla.[6]