American Idiot | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Green Day | ||||
Publicado | 21 de setembro do 2004 | |||
Gravación | abril de 2003 - marzo de 2004 | |||
Estudio(s) | Studio 880 en Oakland, e Ocean Way Recording en Hollywood | |||
Duración | 57:12 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, punk rock | |||
Selo(s) | Reprise Records | |||
Produtor | Rob Cavallo e Green Day | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
American Idiot é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 21 de setembro do 2004 a través do selo Reprise Records. Foi producido polo vello colaborador do grupo Rob Cavallo, que viña traballando habitualmente con Green Day dende o lanzamento de Dookie, no ano 1994. A mediados do 2003 o grupo comezou a gravar cancións para un álbum titulado Cigarettes and Valentines, pero os masters foron roubados e a banda decidiu comezar a gravar un novo disco en vez de regravar Cigarettes and Valentines.
Green Day decidiu producir unha ópera rock, inspirados no traballo de The Who e de varios musicais. O álbum fala da vida de Jesus of Suburbia, unha personaxe cunha imaxe de anti-heroe creado por Billie Joe Armstrong. Despois das primeiras gravacións no Studio 880 de Oakland (California), ao grupo rematou o álbum en Ocean Way Recording en Hollywood.
O álbum tivo éxito en todo o mundo, entrando nas listas de 27 países e chegando ao número 1 en 19 deles, incluídos os Estados Unidos e o Reino Unido. Dende a súa publicación, American Idiot vendeu ao redor dos 14 millóns de discos en todo o mundo, 6 deles só nos Estados Unidos, vendéndose 267.000 na primeira semana. Do álbum sacáronse cinco exitosos sinxelos.