Andrewsarchus Rango fósil: Eoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Único cranio coñecido de Andrewsarchus, no Museo Americano de Historia Natural. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||
Andrewsarchus mongoliensis | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Andrewsarchus é un xénero extinto de mamífero que viviu durante o Eoceno medio no que é agora é Mongolia Interior, na China. Só se recoñece unha especie, A. mongoliensis, coñecida por un cranio de gran tamaño descuberto en 1923 durante as expedicións a Asia central polo Museo Americano de Historia Natural (AMNH). Xeralmente clasificado como un mesoniquio dende a súa descrición orixinal, estudos máis recentes clasifícano como un artiodáctilo, e máis especificamente, como un membro do clado dos cetancodontamorfos, estreitamente relacionado con entelodontes, hipopótamos e cetáceos.